Friday 26 de April de 2024

Catro auxiliares incorporaranse este luns á Policía Local de Ribeira


 

A Policía Local de Ribeira vaise ver reforzada a partir deste luns coa incorporación de catro auxiliares.

Os axentes (unha muller e tres homes) formaban parte das bolsas de contratación elaboradas ao efecto tras as convocatorias dos anos 2019 e 2018 e reúnen o requisito de ter prestado servizos como auxiliares de policía local durante tres anos consecutivos.

Superávit
Por outra parte, o alcalde Manuel Ruiz solicitou publicamente que o Goberno do Estado autorice aos concellos a utilizar o seu superávit nunha maior contía do que agora se lle vai permitir coa fin de contar con máis recursos para facer fronte ao estado de emerxencia.

“Pensamos que é indispensable que se nos dea esta posibilidade a concellos como o noso”, manifestou Ruiz Rivas, indicando que se ben é importante a contención do déficit público, hai familias e colectivos que de prolongarse esta situación van precisar unha maior asistencia por parte do Concello.

“Non é con ánimo de crítica, pero cremos que aínda temos posibilidades de axudar algo máis e por iso lle solicitamos ao Goberno que estude a ampliación das medidas que podemos prestar”, recalcou.